Digalego - Dicionario de Galego

  guacamaio

Anteriores. Seguintes. Imprimir a entrada. Comentar a entrada por mail.  
< taíno huacamayo
Escoitar a palabra polos altofalantes port: arara Escoitar a palabra polos altofalantes cast: guacamayo Escoitar a palabra polos altofalantes ingl: macaw Chinés chin: 金刚鹦鹉 Alemán alem: Ara

   1 s m ANIMAL/ORNIT Ave dos xéneros Anodorhynchus e Ara, da familia dos psitácidos, que se caracteriza por presentar a cara total ou parcialmente desprovista de plumas, a cola tan longa ou máis ca o corpo, peteiro curto e forte e unha plumaxe de cores moi vistosas.

   2 guacamaio azul e amarelo ANIMAL/ORNIT Ave de cor azul turquesa no dorso e amarela-dourada no ventre. Aliméntase fundamentalmente de sementes e froitas. Son animais lonxevos que poden sobrepasar os 50 anos.

   3 guacamaio rosado ANIMAL/ORNIT Ave de cor vermella, coa parte superior das ás amarela e as plumas máis longas azuis.

   4 guacamaio verde ANIMAL/ORNIT Ave con cola longa e aguzada. É de cor verde, coas plumas máis grandes das ás de cor azul, e unha espesa banda de plumas vermellas na fronte.

   5 guacamaio xacinto/azul ANIMAL/ORNIT Ave que se caracteriza por presentar unha plumaxe púrpura azulada, un círculo amarelo ao redor do ollo e amarelo ao fondo da mandíbula.
Barra colores