Digalego - Dicionario de Galego

  gaivota

Anteriores. Seguintes. Imprimir a entrada. Comentar a entrada por mail.  
< lat gavĭa

   1 s f Ave mariña, da familia dos láridos. Xeralmente de tons cincentos no dorso e brancos no ventre nos adultos, nos máis novos e inmaduros a plumaxe é habitualmente parda. Son especies de hábitos costeiros.

   2 gaivota biquistreita ANIMAL/ORNIT Ave similar á gaivota chorona, con bico longo e estreito. Non presenta a cabeza negra no verán.

   3 gaivota cabecinegra ANIMAL/ORNIT Ave que presenta cola e puntas das ás brancas, cabeza negra no verán, e cun antiface negro no inverno, peteiro e patas encarnadas.

   4 gaivota chorona ANIMAL/ORNIT Ave co bordo exterior das ás branco, patas e peteiro vermellos, cabeza marrón no verán e branca con dúas manchas escuras no inverno.

   5 gaivota escura ANIMAL/ORNIT Gaivota, con dorso e ás escuras, cabeza e cola brancas, e patas rosas.

   6 gaivota papoia ANIMAL/ORNIT Ave que ten a punta das ás negras cunha mouta branca no bordo das ás, cola e partes inferiores brancas. Peteiro amarelo e patas verdosas.

   7 gaivota patiamarela ANIMAL/ORNIT Gaivota, co corpo robusto, ás gris claro, coas puntas negras, cabeza e cola brancas, patas amarelas, e peteiro amarelo cunha mouta vermella na punta.

   8 gaivota pequena ANIMAL/ORNIT Ave que posúe ás cunha franxa estreita branca no bordo, mancha auricular negra e parte superior da cabeza e do pescozo escuros, negros no verán, peteiro negro e patas rosas.

   9 gaivota tridáctila ANIMAL/ORNIT Ave cunha franxa negra desde o extremo das ás, que son brancas ao igual que a  cola que é lixeiramente gallada e que ten unha franxa negra no extremo. Peteiro fino amarelo e patas negras.


REFRÁNS


  • Cando a gaivota anda á gravisela, mal para nós e fame para ela.
Barra colores