Digalego - Dicionario de Galego

  gagauz -za

Anteriores. Seguintes. Imprimir a entrada. Comentar a entrada por mail.  

   1 adx Relativo ou pertencente ao pobo gagauz.

   2 s ETN Individuo do pobo gagauz.

   3 s m pl ETN Pobo de orixe turca que se estableceu no N do mar Caspio e no mar Negro, entre o Volga e o Danubio cara ao s XI. No s XIII formaron un estado independente sometido ao emperador bizantino e no s XV pasaron a formar parte do Imperio Otomán. As súas comunidades esténdense por Moldavia, Ucraína, Bulgaria e Romanía. Dedícanse á agricultura e á gandaría.

   4 s m LING Lingua altaica que fala o pobo gagauz, que emprega unha variante do alfabeto cirílico na escrita.
Barra colores