Digalego - Dicionario de Galego

  ferro

Anteriores. Seguintes. Imprimir a entrada. Comentar a entrada por mail.  
< lat fĕrru
Escoitar a palabra polos altofalantes port: ferro Escoitar a palabra polos altofalantes cast: hierro Escoitar a palabra polos altofalantes ingl: iron Escoitar a palabra polos altofalantes fran: de fer Italiano ital: ferro Chinés chin: 铁 Alemán alem: Eisen

   1 QUÍM
   1 s m Elemento da táboa periódica, de peso atómico 55,84 e número atómico 26. É moi abundante e está presente en toda a materia viva xa que é esencial para manter a vida. É un metal extremadamente dúctil, tenaz e maleable a temperatura ordinaria, pero desprovisto de elasticidade. É ferromagnético, cunha permeabilidade magnética moi elevada.
   2 óxido de ferro(III) [Fe 2 O 3 ] Sesquióxido moi abundante na natureza e que se utiliza para puír o vidro ou as armas.OBS: Tamén se denomina óxido férrico.
   3 sulfato de ferro(II) hidratado [Fe(SO 4 )·7H 2 O] Sal que se presenta en forma de cristais verdes e que se emprega como redutor. OBS: Tamén se denomina sulfato ferroso hidratado ou vitriolo verde.
   4 sulfato de ferro(III) [Fe 2 (SO 4 ) 3 ] Sal que dá solucións de cor laranxa e que que se emprega para depurar as augas industriais e as redes de sumidoiros. OBS: Tamén se denomina sulfato férrico.

   2 s m Obxecto ou instrumento de ferro.

   3 s m BÉL
   1 Arma de fío.
   2 Punta metálica de certas armas.

   4 ferro de pasar TECNOL Prancha metálica que serve para quitarlle as engurras á roupa.

SIN: grillón
CFR: esposas
Barra colores