Digalego - Dicionario de Galego

  falcón

Anteriores. Seguintes. Imprimir a entrada. Comentar a entrada por mail.  
< lat tardío falcōne

   1 ANIMAL/ORNIT
   1 s m Ave de rapina do xénero Falco, da familia dos falcónidos, caracterizada por presentar a cabeza relativamente grande co peteiro curto e ganchudo, a cola relativamente longa, as poutas fortes e as ás agudas.
   2 falcón bérber [Falco pelegrinoides] Ave semellante, aínda que máis clara, ao falcón peregrino, que vive no N de África, desde as illas Canarias ata o Medio Oriente.
   3 falcón de Leonor [Falco eleonorae] Ave que pode presentar a plumaxe escura ou clara, que se alimenta de insectos e de pequenas aves.
   4 falcón pequeno [Falco subbuteo] Ave de dorso gris escuro, peito e gorxa brancas coas partes inferiores listadas de negro e os zancos vermellos que se alimenta principalmente de grandes insectos voadores e pequenas aves.
   5 falcón peregrino [Falco peregrinus] Ave de corpo forte e coa base das alas bastante ancha que presenta as partes superiores cinsentas azuladas e as inferiores brancas con puntos escuros.

   2 s m BÉL Pequena peza de artillaría empregada nas naves de guerra desde o século XV.
CFR: esmerillón, lagarteiro
Barra colores