Digalego - Dicionario de Galego

  estratexia

Anteriores. Seguintes. Imprimir a entrada. Comentar a entrada por mail.  
< lat strategĭa < gr στρατηγία
Escoitar a palabra polos altofalantes port: estratégia Escoitar a palabra polos altofalantes cast: estrategia Escoitar a palabra polos altofalantes ingl: strategy Escoitar a palabra polos altofalantes fran: stratégie Italiano ital: strategia Chinés chin: 战略 Alemán alem: Strategie

   1 s f
   1 BÉL Ciencia de proxectar e dirixir as grandes operacións militares.
   2 POLÍT Coordinación das forzas políticas, económicas e diplomáticas para conseguir os obxectivos dun Estado, dun grupo ou dun partido.

   2 s f Arte de coordinar as accións para lograr o obxectivo que se pretende.

   3 DEP
   1 s f Conxunto de accións que se desenvolven no transcurso dunha competición conforme a un plan establecido con anterioridade.
   2 xogada de estratexia Conxunto de movementos coordinados dun equipo deportivo, especialmente os ofensivos, que seguen á execución dun lanzamento.

   4 ECOL
   1 estratexia do k Estratexia dunha poboación na que se emprega a enerxía destinada á procreación en ter poucos descendentes pero dedicándolles maior atención.
   2 estratexia do r Estratexia dunha poboación na que se emprega a enerxía destinada á procreación en ter moitos descendentes pero dedicándolles unha menor atención.

SIN: táctica
Barra colores