Digalego - Dicionario de Galego

  curuxa

Anteriores. Seguintes. Imprimir a entrada. Comentar a entrada por mail.  

   1 s f ANIMAL/ORNIT Rapaz nocturna, da familia dos estríxidos, de tamaño medio, cunha plumaxe de cor branca na cara e no peito e unha coloración críptica no dorso.

   2 curuxa común/albar ANIMAL/ORNIT Rapaz, da familia dos titónidos, coa parte frontal da cabeza con forma de corazón e as partes superiores de cor dourada con puntos dunha cor entre cinsenta e azulada.

   3 curuxa das xunqueiras ANIMAL/ORNIT Rapaz, da familia dos estríxidos, de ás longas, plumaxe de cor parda amarelada con trazos e manchas de cor acastañada, pequenos penachos case ocultos e de actividade diúrna.

   4 curuxa de Tengmalm ANIMAL/ORNIT Imaxe moucho pirenaico.

   5 curuxa do souto ANIMAL/ORNIT Ave robusta, da familia dos estríxidos, que presenta unha plumaxe uniforme con pintas e marxes castañas sobre unha base que vai de arroibada a grisalla. OBS: Tamén se denomina avelaiona.

   6 curuxa gabián ANIMAL/ORNIT Rapaz, da familia dos estríxidos, de cara branca cun marco negro, peito branco con franxas negras horizontais, cola longa e ás afiadas.

   7 curuxa nival ANIMAL/ORNIT Ave, da familia dos estríxidos, que se caracteriza pola plumaxe mesta e branca e pola ausencia de orellas. OBS: Tamén se denomina bufo nival.


REFRÁNS


  • Auga noitega, curuxa tardega.
Barra colores