Digalego - Dicionario de Galego

  cuarto -ta

Anteriores. Seguintes. Imprimir a entrada. Comentar a entrada por mail.  
< lat quartu
Escoitar a palabra polos altofalantes port: quarto -ta Escoitar a palabra polos altofalantes cast: cuarto -ta Escoitar a palabra polos altofalantes ingl: fourth, quarter Escoitar a palabra polos altofalantes fran: quatrième trimestre Italiano ital: quarto, del quarto Chinés chin: 第四,四分之一 Alemán alem: vierte(r), Viertel, Zimmer

   1
   1 num ord Que ocupa o lugar número catro nunha serie.
   2  cuarta feira Imaxe 1corta.

   2
   1 num ord Que corresponde a cada unha das partes dunha cantidade ou dun todo divididos en catro porcións iguais. Tm s m.
   2 s m Serie ou duración de quince minutos, cuarta parte dunha hora.
   3 s m HIST/DER Imposición que equivale á cuarta parte dunha venda ou produto.
   4 s m Cada unha das catro partes en que se considera dividido o corpo dun animal, especialmente dun cuadrúpede ou dunha ave, ao seccionalo polo seu plano de simetría lonxitudinal e pola súa metade transversal.
   5 cuarta canónica HIST Cuarta parte da renda dun beneficio que había que darlle ao bispo ou á súa mesa episcopal despois da morte do beneficiado ou da renuncia do beneficio mentres este estaba vacante.

   3 s m Cada unha das dependencias da casa, normalmente sen incluír a cociña.

   4 ASTRON
   1 s m Cada unha das fases da Lúa.
   2 cuarto crecente Lúa crecente cando está na cuadratura oriental.
   3 cuarto minguante Lúa minguante cando está na cuadratura occidental.

   5 s m DER Capelanía parroquial agregada a unha coenxía para aumentar o seu produto ou a súa renda.

   6 s m NUMIS Moeda castelá de cobre.

   7 cuarta dimensión MAT/FÍS Nome dado á coordenada tempo, no espazo cuadridimensional ou de Minkowski e na teoría da relatividade.

   8 cuarta proporcional MAT
   1 Número x que, dados tres números a, b e c, cumpre a/b=c/x.
   2 Segmento de lonxitude x tal que, dados tres segmentos de lonxitudes a, b e c, x é a cuarta proporcional de a, b e c.

   9 cuarto estado HIST Proletariado na época da Revolución Francesa.
Barra colores