Digalego - Dicionario de Galego

  cuadrante

Anteriores. Seguintes. Imprimir a entrada. Comentar a entrada por mail.  
< lat quadrante
Escoitar a palabra polos altofalantes port: quadrante Escoitar a palabra polos altofalantes cast: cuadrante Escoitar a palabra polos altofalantes ingl: quadrant Italiano ital: quadrante Chinés chin: 象限 Alemán alem: Quadrant

   1 s m
   1 MAT Cuarta parte dunha circunferencia.
   2 MAT Cada unha das catro partes en que está dividido un plano por dous eixes de coordenadas rectangulares.
   3 ASTRON Cada unha das catro partes en que queda dividida a esfera celeste superior ao horizonte dividida polo meridiano e polo primeiro vertical.
   4 XEOG Cada unha das catro partes iguais en que os puntos cardinais dividen o horizonte.
   5 DER Cuarta parte en que se divide unha herdanza.

   2 s m NUMIS Antiga moeda romana correspondente a 1/4 do ás, no sistema duodecimal, co valor de tres onzas.

   3 s m METROL Instrumento que se empregaba antigamente para determinar a altura dun astro sobre o horizonte.

   4 plano do cuadrante METROL Superficie do reloxo de sol en que están escritas as liñas horarias e onde se fixa o estilo ou gnomon.

   5 polo do cuadrante METROL Punto onde se fixa o gnomon.
Barra colores