Digalego - Dicionario de Galego

  corvo

Anteriores. Seguintes. Imprimir a entrada. Comentar a entrada por mail.  
< lat corvu

   1 ANIMAL/ORNIT
   1 s m Ave do xénero Corvus, da familia dos córvidos, de aspecto groso, peteiro forte, máis longo ca o resto da cabeza, e plumaxe negra con irisacións. Aliméntase de pequenos animais ou de sementes e froitos, emite voces graves e forma parella de por vida.
   2 corvo común [Corvus corone] Corvo de cola de bordo recto, amplamente distribuído pola rexión paleártica. Existen tres subespecies que se diferencian principalmente pola cor do ventre.
   3 corvo grande [Corvus corax] Corvo de plumaxe totalmente negra e coa cola en forma de cuña.

   2 ANIMAL/ORNIT
   1 corvo mariño Ave acuática, da familia dos falacrocóridos, que presenta plumaxe negra brillante, pescozo longo, cunha pequena bolsa na gorxa moi vascularizada, que empregan para termorregularse, e as patas en posición moi atrasada e con membranas interdixitais. Viven en augas continentais ou no litoral mariño.
   2 corvo mariño cristado [Phalacrocorax aristotelis] Ave acuática, da familia dos falacrocorácidos, que presenta unha pequena curupela.
   3 corvo mariño grande [Phalacrocorax carbo] Ave acuática, da familia dos falacrocorácidos, que presenta o queixo e as meixelas de cor branca.
   4 corvo mariño pequeno [Phalacrocorax pygmeus] Ave acuática, da familia dos falacrocorácidos, que presenta cabeza redonda e o peteiro non moi longo e escuro, pescozo máis curto ca outros corvos mariños e cola longa.

   3 gran de corvo FUNGO Imaxe cornizó.


REFRÁNS


  • Corvos en bandada, ou sombra ou preada.
  • Cría corvos e tiraranche os ollos.
  • Despois de vendimas, corvos.
  • Os corvos en bandada ventan presada.
Barra colores