Digalego - Dicionario de Galego

  cogombro

Anteriores. Seguintes. Imprimir a entrada. Comentar a entrada por mail.  
< lat cucūmĕru, por cucumĕre
Escoitar a palabra polos altofalantes port: cogombro Escoitar a palabra polos altofalantes cast: cogombro/cohombro Escoitar a palabra polos altofalantes ingl: cucumber Escoitar a palabra polos altofalantes fran: concombre Italiano ital: cetriolo Chinés chin: 黄瓜 Alemán alem: Gurke

   1 s m PLANTA Planta herbácea, da familia das cucurbitáceas, que se caracteriza por ser hirsuta, e ter talos angulosos, follas orbiculares, flores douradas axilares e froitos en pepónide.

   2 s m BOT Froito oblongo e verrugoso desta planta. É moi rico en auga e contén grandes cantidades de vitaminas A e C.

   3 cogombro do demo PLANTA Planta herbácea, da familia das cucurbitáceas, con flores unisexuais pentámeras e amareladas e froitos de tipo baga oblonga, colgante que, ao madurar, proxecta violentamente as sementes que conteñen.
Barra colores