Digalego - Dicionario de Galego

  cirrio

Anteriores. Seguintes. Imprimir a entrada. Comentar a entrada por mail.  

   1 s m ANIMAL/ORNIT Ave insectívora da familia dos apódidos, de ás longas e estreitas con forma de fociño, peteiro curto e ancho e patas curtas, cuxa plumaxe é parda ou negra, coa gorxa branca, e a cola é gallada e curta.

   2 cirrio arborícola ANIMAL/ORNIT Ave da familia dos hemiprócnidos, de plumaxe cinsenta e cabeza riscada de branco, cunha curupela que desprega.

   3 cirrio cafre ANIMAL/ORNIT Ave da familia dos apódidos, coa mitra de cor branca.

   4 cirrio común ANIMAL/ORNIT Ave da familia dos apódidos, coa plumaxe marrón escura, que forma colonias en gretas de edificios altos ou cantís naturais.

   5 cirrio grande ANIMAL/ORNIT Ave da familia dos apódidos, coa gorxa e o ventre brancos e cunha franxa pectoral castaña, igual ca o resto do corpo.

   6 cirrio pálido ANIMAL/ORNIT Ave da familia dos apódidos, de cor castaña clara e gorxa branca, que aniña na área circunmediterránea.
Barra colores