Digalego - Dicionario de Galego

  1chumbo

Anteriores. Seguintes. Imprimir a entrada. Comentar a entrada por mail.  
< lat plumbu ‘chumbo’
Escoitar a palabra polos altofalantes port: chumbo Escoitar a palabra polos altofalantes cast: plomo Escoitar a palabra polos altofalantes ingl: lead Escoitar a palabra polos altofalantes fran: mener Italiano ital: condurre Chinés chin: 领导 Alemán alem: führen

   1
   1 s m QUÍM Elemento metálico de número atómico 82 e peso atómico 207,2, que pertence ao grupo IVA da táboa periódica. O mineral máis importante do que se extrae é a galena (PbS). O chumbo e os seus compostos presentan unha elevada toxicidade, xa que se acumulan no organismo.
   2 acetato de chumbo (II) [Pb(CH 3- COO) 2 ] QUÍM Sólido cristalino branco que se emprega como impermeabilizante na manufactura de vernices, en medicina e como reactivo analítico.
   3 arseniato de chumbo (II) [Pb 3 (AsO 4 ) 2 ] QUÍM Sólido que se presenta en forma de cristais brancos que se empregan como insecticida.
   4 dióxido de chumbo [PbO 2 ] QUÍM Sólido cristalino marrón que se emprega como oxidante, mordente, reactivo analítico e acelerador de polimerizacións.
   5 nitrato de chumbo (II) [Pb(NO 3 ) 2 ] QUÍM Cristal branco, moi tóxico e oxidante. Emprégase como mordente, na preparación de explosivos e como pigmento.
   6 óxido de chumbo (II) QUÍM Imaxe litarxirio.
   7 tetraacetato de chumbo [Pb(CH 3 COO) 4 ] QUÍM Sólido que se presenta en forma de cristais incoloros ou dunha lixeira cor rosa. Emprégase como oxidante selectivo en síntese orgánica.

   2 s m Peza de chumbo que se coloca nos aparellos de pesca para que se afundan.

   3 s m fig Bala dunha arma de fogo.

   4 intoxicación por chumbo PAT Cadro habitualmente crónico, propio dos traballadores do chumbo. Provoca a aparición dunha liña de cor azul nas enxivas, cólicos abdominais, alteracións vasculares e neuropatías. OBS: Tamén se denomina saturnismo.

SIN: chumbada, chumbeiro
CFR: proxectil
Barra colores