Digalego - Dicionario de Galego

  2chasco

Anteriores. Seguintes. Imprimir a entrada. Comentar a entrada por mail.  
< voz onomatopeica

   1 s m ANIMAL/ORNIT Ave, da familia dos túrdidos, de peteiro fino e cunha plumaxe de cores vivas e contrastadas nos machos, e cores máis apagadas nas femias.

   2 chasco cinsento ANIMAL/ORNIT Ave coas partes superiores de cor cincenta, a cella de cor branca, un grande anteface negro, a gorxa e o peito de cor ocre, o ventre e a mitra de cor branca e as alas negras.

   3 chasco común ANIMAL/ORNIT Ave que presenta a cabeza e a gorxa de cor negra, o colar e a mitra de cor branca, e o peito rubio. OBS: Tamén se denomina cabeciña negra.

   4 chasco louro ANIMAL/ORNIT Ave que ten, nos machos, o dorso de cor loura clara, cara, alas e gorxa de cor negra e mitra branca.

SIN: 2 chasca, charra, chaschás, pedreiro
Barra colores