Digalego - Dicionario de Galego

  carballo

Anteriores. Seguintes. Imprimir a entrada. Comentar a entrada por mail.  
< raíz prerromana *carb-

   1 PLANTA
   1 s m Árbore ou arbusto pertencente ás especies caducifolias e marcescentes do xénero Quercus, da familia das fagáceas.
   2 carballo albar [Quercus petraea] Árbore de casca parda e follas de base cuneiforme.
   3 carballo americano [Quercus rubra] Árbore de casca lisa e clara e follas de lóbulos aguzados.
   4 carballo anano [Quercus lusitanica] Arbusto rastreiro e estolonífero de cortiza cinsenta abrancazada.
   5 carballo cerquiño/negro [Quercus pyrenaica] Árbore de casca gris parda, con follas co envés piloso e de cor branca.
   6 carballo común [Quercus robur] Árbore de casca verde e lisa en exemplares novos e parda e rachada na madurez, que presenta follas con base auriculada.
   7 carballo pubescente [Quercus humilis] Carballo de cor verde clara, con lóbulos fondos.

   2 s m Madeira desta árbore.

SIN: cerqueiro, cerquiño


REFRÁNS


  • Un soilo golpe non derruba un carballo.
Barra colores