Digalego - Dicionario de Galego

  capitán -tá

Anteriores. Seguintes. Imprimir a entrada. Comentar a entrada por mail.  

   1 BÉL
   1 s Oficial do exército de terra, de grao superior ao de tenente e inferior ao de comandante, a quen regulamentariamente corresponde o mando dunha compañía, dun escuadrón ou dunha batería.
   2 capitán xeneral Grao supremo da xerarquía militar, equivalente ao mariscal francés ou ao mariscal de campo alemán.

   2 s BÉL Grao de oficial da mariña de guerra superior ao de tenente de navío e inferior ao de vicealmirante.

   3 s MAR Oficial graduado que exerce o mando dun navío mercante, de pesca ou de pasaxeiros.

   4
   1 s Quen manda ou capitanea un grupo de persoas en determinadas actividades.
   2 s DEP Deportista que representa o seu equipo ante os árbitros ou xuíces.
Barra colores