Digalego - Dicionario de Galego

  campaña

Anteriores. Seguintes. Imprimir a entrada. Comentar a entrada por mail.  

   1 s f BÉL
   1 Operación militar que se realiza en campo aberto.
   2 Conxunto de operacións estratéxicas, recollidas nun plano organizado previamente, para levar a cabo algún obxectivo concreto.
   3 Período no que as tropas residen ou operan en zonas de guerra.

   2 COMUN
   1 s f Serie de actuacións para conseguir un determinado fin.
   2 campaña publicitaria Conxunto de accións realizadas por un anunciante dun produto para conseguir un maior número de ventas.

   3 s f Período no que se realizan unha serie de actividades cunha finalidade concreta.

   4 s f MAR/BÉL
   1 Tempo que duran as operacións realizadas por un buque cumprindo algunha misión.
   2 Duración dos servizos que presta un mariñeiro nun buque de guerra.
   3 Temporada de pesca dunha especie.
Barra colores