Digalego - Dicionario de Galego

  caimán

Anteriores. Seguintes. Imprimir a entrada. Comentar a entrada por mail.  
< caribe acayuman
Escoitar a palabra polos altofalantes port: caimão Escoitar a palabra polos altofalantes cast: caimán Escoitar a palabra polos altofalantes ingl: caiman Italiano ital: caimano Chinés chin: 凯门鳄 Alemán alem: Kaiman

   1 s m ANIMAL Réptil pertencente aos xéneros Caiman, Melanosuchus e Paleosuchus, da familia dos aligatóridos, que presentan un tipo morfolóxico lacertiforme, o fociño ancho, aplanado e arredondado no extremo, e a mandíbula inferior cun oco onde encaixa o cuarto dente da mandíbula inferior.

   2 caimán almiscrado ANIMAL Caimán do xénero Paleosuchus, que presenta un fociño relativamente longo e non aplanado.

   3 caimán de anteollos ANIMAL Caimán que vive nos grandes ríos dos Andes.

   4 caimán de China ANIMAL Caimán que vive no Yang-Tse-Kiang e no SL de EE UU.

   5 caimán do Mississippi ANIMAL Caimán que ten o fociño curto, e vive en ríos e lagos do SL de EE UU.

   6 caimán iacaré ANIMAL Caimán que presenta o fociño tan longo como ancho, é propio dos medios húmidos de América do Sur.

   7 caimán mouro ANIMAL Caimán de cor negra e ventre marelo, que vive en Amazônia.
CFR: crocodilo, gavial
Barra colores