Digalego - Dicionario de Galego

  cabalo

Anteriores. Seguintes. Imprimir a entrada. Comentar a entrada por mail.  
Escoitar a palabra polos altofalantes port: Escoitar a palabra polos altofalantes cast: Escoitar a palabra polos altofalantes ingl:

   1 ANIMAL
   1 s m Mamífero, da familia dos équidos, herbívoro e gregario, de tamaño grande e extremidades longas, que só presenta un dedo desenvolvido, que está recuberto por un pezuño ou casco.
   2 cabalo albardeiro Cabalo empregado para a carga ou o transporte.
   3 cabalo bravo/rabanés Cabalo que vive en estado salvaxe.
   4 cabalo galego de monte Raza de cabalos autóctonos de Galicia que presenta individuos de corta alzada, de cor castaña, e a crina e a cola xeralmente negras.
   5 cabalo pinto Cabalo que é de máis cores ca unha.

   2 s m
   1 Figura que representa un cabalo.
   2 XOGO Cada unha das catro pezas do xogo do xadrez, dúas brancas e dúas negras, que teñen a figura da cabeza dun cabalo. Segue un movemento en forma de L e pode saltar por riba doutras pezas.
   3 XOGO Carta da baralla que pertence a cada un dos catro paus que ten pintado un home a cabalo e que está marcada co número once.

   3 s Imaxe 2heroína.

   4 s m ANIMAL/ORNIT Imaxe peto verdeal.

   5 s m MAR Banqueta inclinada e provista de patas anteriores e posteriores.

   6 s m DEP Aparato ximnástico para facer exercicios de salto.

   7 s m PAT Dor do músculo do pescozo provocada por unha mala postura.

   8 cabalo de batalla BÉL
   1 Cabalo que os guerreiros reservaban para a batalla máis importante.
   2 Asunto moi disputado, sobre o que se insiste continuamente e que é motivo de moitas controversias.

   9 cabalo de Frisia
   1 BÉL Viga de madeira que se empregaba como defensa contra a cabalaría.
   2 Defensa accesoria contra persoas, formada por arame con puntas posto sobre un bastidor, formado por dúas cruces de santo Andrés unidas por un traveseiro, e que serve para pechar fendas, pasos ou rúas.

   10 cabalo de mar ANIMAL/ICT Peixe da familia dos singnátidos, que presenta o corpo comprimido e alongado, coa cola prénsil, armado de placas dérmicas, grandes e rectangulares, ordenadas formando series de aneis. OBS: Tamén se denomina cabaliño de mar.

   11 cabalo de Troia
   1 MIT Estatua colosal en forma de cabalo que construíron os gregos durante o asedio de Troia.
   2 INFORM Programa de ordenador que posúe unha función destrutiva oculta.

   12 cabalo de vapor METROL Unidade métrica de potencia que equivale a 735,4 W.

   13 cabalo do demo ANIMAL/ENTOM Insecto estilizado e de gran tamaño como é o caso dos mántidos, dos tipúlidos e, especialmente, dos odonatos. OBS: Tamén se denomina cabaliño do demo.

   14 cabalo inglés METROL Unidade inglesa de potencia que equivale a 745,7 W. A cabalo (de) loc adv Coas pernas abertas como se se estivese sobre un cabalo.

SIN: cabaliños, burro, cabalete, 1 cabaleiro
Barra colores