Digalego - Dicionario de Galego

  2bufo

Anteriores. Seguintes. Imprimir a entrada. Comentar a entrada por mail.  
< lat v bufu < lat bubone
Escoitar a palabra polos altofalantes port: bufo Escoitar a palabra polos altofalantes cast: búho Escoitar a palabra polos altofalantes ingl: eagle owl Escoitar a palabra polos altofalantes fran: grand-duc Italiano ital: gufo reale Chinés chin: 鹰鸮 Alemán alem: Eule

   1 m ANIMAL/ORNIT Rapaz nocturna da familia dos estríxidos, de gran tamaño, que adoita presentar penachos na parte superior da cabeza semellantes ás orellas. A plumaxe é de cores crípticas e o seu voo é silandeiro e pousado.

   2 bufo americano ANIMAL/ORNIT Bufo que presenta formas de tonalidades distintas, que van desde a cor da area ata o marrón escuro, dependendo do ambiente onde vive.

   3 bufo grande ANIMAL/ORNIT Bufo que constitúe a maior das rapaces nocturnas europeas. Está presente en Eurasia e norte de África, asociado á dispoñibilidade de coellos.

   4 bufo nival ANIMAL/ORNIT Bufo que se distingue pola plumaxe mesta e branca e pola ausencia de orellas.

   5 bufo pequeno ANIMAL/ORNIT Bufo que vive en zonas arboradas con claros e prados. Aliméntase principalmente de roedores.

   6 bufo pescador ANIMAL/ORNIT Bufo de patas espidas de penuxe e longas uñas.
CFR: avenoiteira, curuxa, moucho
Barra colores