sardiña

sardiña
Plural: sardiñas
s f [ANIMAL/ICT ]

Peixe óseo gregario e peláxico, da familia dos clupeidos, que presenta o corpo de pequeno tamaño, alongado, deprimido lateralmente, de cor azulada no lombo e prateada no ventre, o opérculo con estrías radiais regulares e as escamas de gran tamaño.

Refráns

  • A sardiña e a longaínza ponas á calor da cinza.
  • A sardiña e a muller, pequeniña, se pode ser, que canto máis pequeniña, mellor ten que saber.
  • A sardiña e o porco, se voaran, en moito máis se estimaran.
  • A sardiña por abril cóllea polo rabo e déixaa ir, por maio ásaa no rescaldo e por san Xoán xa molla o pan.
  • A sardiña, na chama; e a muller, na cama.
  • Botar outra sardiña, que outro fUín vén da viña.
  • O que en abril come sardiña, inda en agosto lle pica a espiña.
  • Pola santa Mariña salga a sardiña.
  • Quen queira mal a unha veciña déalle en abril sardiña.
  • Sardiñas de maio, sardiñas do diaño.
  • Se comes sardiña en san Xoán, mollaráchese o pan.