"vos"
Amosando 2 resultados de 2.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pronome persoal átono de segunda persoa do plural que se emprega, sen preposición, como complemento directo ou indirecto. OBS: Cando funciona como complemento indirecto e concorre coas formas de complemento directo o(s), a(s), dá lugar ás contraccións volo(s), vola(s).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pronome persoal tónico de segunda persoa de plural que funciona como suxeito ou como complemento tras unha preposición. OBS: Hai diferenza de significado entre vosoutros e vós. A primeira forma delimita un grupo formado por ‘ti e mais outros’ fronte a vós, que é moito máis amplo.