Estado dinámico da materia organizada que se caracteriza pola súa capacidade de adaptación e de evolución fronte aos diferentes cambios no medio, e polo feito de poder reproducirse.
Feito de existir.
Tempo que vai do nacemento á morte dun ser vivo.
Tempo que vai da aparición á desaparición de algo, ou tempo durante o que funciona.
Xeito de vivir, en relación coas circunstancias vitais que condicionan a existencia.
Conxunto de acontecementos e feitos máis salientables que lle sucederon a unha persoa durante a súa existencia.