"solo"

Amosando 2 resultados de 2.

    1. Superficie da Terra sobre a que se moven os homes e os animais, en que se cultivan as plantas ou sobre a que se asentan as cousas.

    2. Terreo ou soar edificable.

    3. Extensión territorial que comprende unha xurisdición.

      1. Capa externa da codia terrestre, orixinada pola alteración das rochas baixo a influencia dos axentes atmosféricos e dos seres vivos.

      2. Conxunto de técnicas para defender os solos da erosión, especialmente da antrópica.

    4. Conxunto de pedras que forman o piso do forno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pasaxe ou fragmento musical, xeralmente máis brillante ou difícil ca o resto, interpretado por un só instrumento ou unha soa voz, en oposición a un acompañamento orquestral, instrumental, vocal, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO