"secretaría"

Amosando 2 resultados de 2.

    1. Despacho ou oficina de secretario.

    2. Oficio ou cargo de secretario.

    3. Conxunto dos secretarios dun organismo, dun despacho ou dunha oficina.

    4. Órgano superior da administración do estado que depende dun ministerio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que se encarga da administración e funcionamento dunha empresa, organismo ou oficina.

    2. Persoa encargada de redactar as actas e as memorias, dar fe dos acordos, custodiar os documentos e escribir a correspondencia nalgunha asemblea ou organismo.

    3. Funcionario real encargado da correspondencia secreta e das cartas do selo secreto, a miúdo con funcións administrativas e de goberno.

    4. Ave, da familia dos saxitáridos, que ten as patas moi longas, de cor gris e negra, coa cara amarela, a pel de arredor dos ollos núa e tirando a vermella e unha longa plumaxe eréctil arredor da cabeza. OBS: Tamén se denomina serpentario.

    5. Xefe do órgano superior dun departamento ministerial situado entre o ministro e o subsecretario, encargado dunha determinada unidade ou subdivisión.

    6. Ministro principal, nalgúns estados americanos, que fai as funcións de primeiro ministro e, ás veces, é o encargado dos asuntos exteriores.

    7. Cardeal presidente da secretaría oficial do Estado.

    8. Cabeza ou dirixente principal dalgúns partidos políticos.

    9. Funcionario público, que forma parte do persoal da administración de xustiza, que dá fe dos actos e das dilixencias dun tribunal.

    VER O DETALLE DO TERMO