Relativo ou pertencente ao pobo san ou á súa lingua.
Individuo do pobo san.
Pobo de África sudoccidental de raza khoisánida, que se viu reducido a un pequeno número de individuos acantoados nas zonas máis inhóspitas.
Conxunto de linguas do grupo khoisan faladas polos sans.
Relativo ou pertencente á subraza san.
Individuo da subraza san.
Subraza ou grupo de poboacións de raza khoisánida formada por individuos mesocéfalos de estatura baixa, que presentan o nariz máis ancho e chato, a esteatopixia menos marcada e os ollos menos oblicuos ca os khoisánidos.