"saber"

Amosando 2 resultados de 2.

    1. Ter o coñecemento necesario para realizar algo.

    2. Ter coñecementos verídicos dalgunha cousa.

    3. Ter noticias, coñecemento ou información de algo.

    4. Ter consciencia do que se fai.

    5. Ter bo ou mal celme.

    6. Posuír sabedoría.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de coñecementos adquiridos polo estudo.

      1. Coñecemento ou conxunto de coñecementos que, mediante a comprobación e unha adecuada sistematización, dan lugar á ciencia.

      2. Coñecemento teórico-práctico relativo a situacións ou realidades tanto obxectivas como subxectivas.

      3. Estadio superior, na filosofía de Hegel, do coñecemento, en que suxeito e obxecto alcanzan tal adecuación que queda superada toda dualidade.

    VER O DETALLE DO TERMO