"realismo"

Amosando 2 resultados de 2.

  • Opinión favorable á monarquía.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Calidade de realista.

      2. Exactitude na maneira de representar a realidade.

    1. Actitude estilística e estética que procura elaborar formas artísticas con adecuación aos aspectos da realidade, e que se caracterizou por querer representar as cousas tal e como eran na realidade, sen embelecelas, e como reacción ao Romanticismo.

    2. Doutrina, oposta ao idealismo, segundo a que o suxeito cognoscitivo capta unha realidade que existe independentemente del e que, ao adoptalo, lle manifesta a súa maneira de ser.

    3. Tendencia narrativa que naceu na segunda metade do s XX en Latinoamérica. O narrador e os personaxes aceptan o extraordinario como parte da realidade, polo que o cotián se transforma en extraordinario e o extraordinario pasa a ser cotián.

    4. Método artístico baseado na descrición fiel da realidade nun contexto histórico concreto, baixo unha tendencia ideolóxica definida, que educa a sociedade e a faculta para a construción do comunismo.

    VER O DETALLE DO TERMO