"prima"
Amosando 3 resultados de 3.
-
-
Gratificación monetaria que se dá a alguén como recompensa polo seu traballo, independentemente do soldo.
-
Suma pagada polo asegurado a unha compañía de seguros.
-
Suma que, en certas operacións de bolsa, o comprador paga ao vendedor polo dereito de anular o contrato.
-
Premio pecuniario dado polo Estado ou por unha institución, a unha empresa que toma ao seu cargo unha acción de utilidade pública.
-
-
-
Primeira e máis delgada corda de certos instrumentos musicais que produce un son máis agudo ca as demais.
-
Primeira das horas canónicas que se corresponde coas seis da mañá, na división romana do día. OBS: Tamén se denomina hora prima.
-
-
-
Que non ten malicia e é fácil de enganar. Tm s.
-
Que ocupa o primeiro lugar nunha serie.
-
Aplícase ás diversas letras iguais empregadas nunha figura xeométrica ou nunha expresión alxébrica que son diferenciadas das outras cun acento á dereita, como é a’.
-
-
Fillo ou filla dun tío ou dunha tía. OBS: Tamén se denomina primo irmán ou primo carnal.
-
Fillo dun curmán ou curmá do pai ou da nai.
-
-