poboación

poboación

lat populatĭōne

Plural: poboacións
    1. s [DEMOG ]

      Conxunto de habitantes dun lugar.

    2. s [DEMOG ]

      Colectivo de seres humanos dunha certa magnitude e xeograficamente determinado.

    3. s [ECOL ]

      Conxunto de individuos dunha mesma especie que habitan nunha área determinada ou nun medio limitado convencionalmente.

    4. poboación activa [DEMOG ]

      Poboación que ten a idade mínima para acceder ao mercado laboral.

    5. poboación de dereito [DEMOG ]

      Poboación residente que ten uns dereitos e deberes respecto do concello en que está censada.

    6. poboación de feito [DEMOG ]

      Suma das persoas residentes presentes e das transeúntes.

    7. poboación inactiva [DEMOG ]

      Parte da poboación que non exerce ningunha actividade económica remunerada nin se atopa en disposición de realizala.

    8. poboación mendeliana [XEN ]

      Conxunto de individuos dunha mesma especie que se poden cruzar libremente entre eles. Constitúe un grupo de reprodución limitado polo seu medio ou polo seu sistema xenético.

  1. s f

    Lugar poboado.

  2. s f [MAT ]

    Conxunto de elementos dos que se quere estudar certas propiedades non específicas.

  3. poboación de estrelas [ASTRON ]

    Clase de estrelas con características semellantes.

  4. poboación en risco de enfermidade [PAT ]

    Poboación susceptible naturalmente a unha enfermidade baixo unhas condicións dadas.

Sinónimos

Confrontacións

localidade

Citas

  • A tormenta deixou incomunicadas a varias poboacións do interior

Palabras veciñas

poallar poalleira pobo poboación poboado -da poboador -ra poboamento