Masa de partículas de terra seca e outros materiais diminutos, que poden ser levantados e transportados polo vento.
Substancia sólida reducida a partículas moi finas.
Produto cosmético de material reducido a finas partículas que se aplica, especialmente sobre a cute, como enfeite.
Denominación coa que se designa, nun rexistro coloquial, a droga fenciclidina.
Po formado por pequenas partículas sólidas presentes nas nebulosas escuras das galaxias.
Forma farmacéutica que se obtén pola división repetida de drogas ou produtos químicos, sólidos e secos ata chegar a partículas de pequenas dimensións, variables, pero homoxéneas.