Insecto que pertence ao xénero Gerris, que presenta patas longas e vive en charcas e ríos.
Xogo infantil en que un dos xogadores, cos ollos tapados cun pano, intenta coller e recoñecer a un dos outros que están ao redor del.
Ave, da familia dos rálidos, que presenta cor escura cun escudo branco na testa, ollos vermellos, patas longas e verdosas e case sen cola, e que habita en zonas húmidas do interior.
Ave da familia dos tetraónidos, onde o macho presenta plumaxe negra e verdosa no peito, cola grande e arredondada con pencas brancas, que exhibe na época dos cortexos, e a femia parda e apencada, un pouco menor ca o macho.
Planta, da familia das amarilidáceas, que presenta pouco talo, follas moi desenvolvidas, carnosas, lanceoladas e moi grandes, coa marxe chea de espiñas, e flores amarelas dispostas en inflorescencias en panícula.
Fibra téxtil que se obtén das follas dun tipo de pita que se cultiva nas illas Mauricio, nas zonas tropicais de América, no N de África e en Europa Meridional, e que se emprega para facer algúns tecidos, cordas e cordeis.