"peso"

Amosando 2 resultados de 2.

      1. Forza coa que a Terra atrae un corpo calquera como consecuencia do fenómeno da gravitación. O peso p dun corpo relaciónase coa súa masa m mediante a ecuación p = mg, onde g é a aceleración da gravidade. O peso exprésase en unidades de forza.

      2. Peso dunha aeronave en orde de voo, menos o peso da tripulación, do combustible e do aceite, do equipo desmontable e da carga comercial.

      3. Peso dun volume dunha substancia homoxénea en comparación co peso do mesmo volume doutra substancia, xeralmente auga, tomada como unidade.

      4. Peso límite que está permitido na orde de voo de acordo coas regulacións específicas.

      5. Peso dun barco que é a suma dos pesos máximos que pode transportar e que non pode ser superior ao máximo permitido polo francobordo.

    1. Obriga, responsabilidade ou carga que soporta alguén.

    2. Importancia ou valor de algo.

      1. Peza de metal, ou doutro material, de forma determinada, que serve de unidade de peso, e que leva a indicación da súa masa nominal.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Unidade monetaria de Arxentina desde a súa independencia ata 1985, e de novo desde 1991.

    2. Unidade monetaria principal de Bolivia, Colombia, Chile, Guiné-Bissau, México, República Dominicana e Uruguay.

    VER O DETALLE DO TERMO