"pata"

Amosando 3 resultados de 3.

    1. Cada unha das extremidades de calquera animal.

    2. Cada un dos membros inferiores dunha persoa.

    3. Cada unha das pezas dun moble que o mantén en pé e en equilibrio servíndolle de punto de apoio sobre o chan.

    4. Terminal metálica de diversos compoñentes electrónicos de semicondutores, principalmente circuítos integrados, que permiten fixar o compoñente sobre a placa do circuíto impreso e establecer as conexións eléctricas coas pistas.

    5. Peza de buxo, moi semellante á bisagra, que empregan os zapateiros para alisar e puír as solas do calzado.

    6. Alga, da familia das xigartináceas, que presenta talo vermello e cartilaxinoso e que se pode atopar en rochedos do litoral, onde é moi abundante.

    7. Engurra que, cos anos, se forma ao lado do ángulo externo dos ollos.

    8. Conxunto aponeurótico constituído polos tendóns inferiores do recto interno da coxa, o sartorio e o semitendinoso.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ave anátida de voo rápido e de femias e machos cunha clara diferenciación por sexos, tendo os machos cores máis rechamantes ca as femias.

      1. Ave anátida que mergulla só a metade do corpo á hora de alimentarse e as femias adoitan ser pardas e con pintas.

      2. Pato en que o macho ten unha mancha amarelada cruzándolle a cabeza, as ás grises, o dorso máis escuro e o peito e a cabeza castaños.

      3. Pato en que o macho ten o ventre branco, bandas escuras nos lados, gris o dorso e coas patas alaranxadas.

      4. Pato en que o macho ten a cabeza verde, os lados avermellados e o peito branco, e tanto a femia coma o macho un gran peteiro aplanado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase aos insectos, da orde dos anopluros, que presentan o corpo curto e amplo, cos tres pares de patas con uñas para fixarse ben no hóspede. Vive como parasito na pube e zonas pilosas dos humanos.

    VER O DETALLE DO TERMO