Indica, precedida do verbo estar e seguida dun infinitivo, que a acción está a punto de realizarse.
Indica a persoa ou cousa á que se destina unha acción.
Expresa unha opinión ou unha crenza desde unha perspectiva persoal. OBS: A preposición para pode presentar a forma reducida pra e pode contraer co artigo determinado (o,a,os,as) e dá lugar ás formas pró,prá,prós e prás, aínda que na escrita se prefiren as formas plenas.