Peza dental que se sitúa na parte posterior da mandíbula, detrás dos caninos, e ten a función de triturar ou moer os alimentos.
Pedra do muíño que xira sobre outra para reducir a po os cereais.
Pedra redonda que se emprega para afiar coitelos ou ferramentas.
Pedra de forma circular situada debaixo do hórreo.
Utensilio constituído por un material abrasivo que se fai xirar arredor do seu eixe e que se emprega para amolar, pulir, desbarbar, rectificar ou perfilar ferramentas ou pezas diversas.
Máquina que proporciona o movemento á moa durante a operación de amolamento.
Peza dental que está situada ao cabo das moas e que sae na idade adulta.
Ave extinta, da orde dos dinornitiformes, que carecía de ás e presentaba as patas robustas e curtas que habitou en Nova Zelanda desde o Plistoceno ata épocas recentes.