"maza"

Amosando 2 resultados de 2.

    1. Martelo grande composto dunha peza de ferro de sección octogonal e lixeiramente afiada e dun mango delgado e longo para picar a pedra.

    2. Utensilio que consiste nun pau cunha parte grosa nun dos seus extremos, que se usa para mazar ou espadelar o liño e outros cereais.

    3. Instrumento que consiste nun pau rematado nunha peza máis gorda e arredondada nun dos seus extremos, e que se emprega para mazar o leite e separarlle a manteiga.

    4. Instrumento de percusión con forma semellante á dun martelo que se emprega en diferentes oficios para machucar, dobrar ou aplanar algunha cousa.

    5. Arma antiga contundente que consiste nun bastón de cabeza grosa.

    6. Peza do martinete que consiste nun bloque pesado guiado por dous raís que se deixa caer sobre unha estaca para cravala.

    7. Engrosamento nos últimos artellos das antenas dalgúns insectos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Froito comestible da maceira de carne branca e pel fina de cor amarela, verde ou vermella.

    2. ariedade de mazá de maduración serodia de cor amarela ou rubia, agridoce.

    3. Mazá de ouro que Éride propuxo como premio para a máis fermosa das deusas. A decisión correspondeulle a Paris, que elixiu a Helena e orixinou a Guerra de Troia.

    4. noz.

    VER O DETALLE DO TERMO