"lirio"

Amosando 3 resultados de 3.

      1. Planta herbácea do xénero Iris, que presentan un rizoma moi desenvolvido, follas alongadas, flores co perianto con seis divisións e de froitos capsulares.

      2. Planta herbácea perenne, da familia das iridáceas, que presentan un bulbo ovoide, talo oco e folioso, follas lineares e flores pedunculadas de cor azul-violáceo.

      3. Planta herbácea perenne, da familia das iridáceas, con bulbo engrosado, talo erecto, follas opostas, grosas e que nacen da parte inferior, flores azul-violáceas, aromáticas e pedunculadas que están situadas no extremo do talo e o froito oval, dehiscente e de tipo capsular.

      4. Planta herbácea perenne, da familia das iridáceas, que presentan un rizoma reptante e longo, follas basais glaucas, flores pediceladas e froito capsular. É velenoso para o gando, pero en medicina o rizoma pode utilizarse como purgante.

      5. Planta herbácea perenne, da familia das iridáceas, con talo comprimido e follas basais que emiten un olor fedorento, flores pedunculadas de cor azul-grisáceas ou amarelas e froito capsular, oblongo e con sementes vermellas. É velenoso para o gando.

      1. Planta semellante ao lirio.

      2. Planta herbácea, bulbosa, perenne, da familia das liliáceas, de follas lanceoladas e de flores grosas, brancas e olorosas.

      3. Planta herbácea, da familia das liliáceas, de follas lanceoladas en verticilos e flores con tépalos violáceos ou vermellos.

      4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peixe da familia dos gádidos, de corpo longo e estreito e de cor gris azulada, con tres aletas dorsais espazadas e dúas anais e sen barbela no queixo.

    2. Peixe da orde dos perciformes, da familia dos caránxidos (da orde dos perciformes), que ten aspecto fusiforme. É unha forma depredadora, de costumes peláxicas e boa nadadora.

    VER O DETALLE DO TERMO