Amosando 2 resultados de 2.
Atadura cun nó corredío que se fai cunha corda ou cunha cinta e que se pode desfacer con facilidade ao tirar dun dos cabos.
Atadura que se fai cunha fita ou cun cordón como adorno para suxeitar unha cousa con outra.
Fita que se utiliza para facer lazadas ou adornos.
Corda cun nó corredío que se utiliza para cazar animais.
Rede ou malla para cazar coellos.
Relación ou nexo entre persoas ou cousas.
Cada unha das cordas representativas dunha pasada que se tecen no aparello de ler os debuxos jacquard para pasalos a debuxos de cartón.
Debuxo que nunha lazaría se repite sen solución de continuidade.
Capa de xeo que se forma na superficie dun líquido a causa das baixas temperaturas.