Pelo das ovellas e carneiros que se emprega como materia téxtil despois de fiala e tecela.
Fío de la.
Tecido feito con la.
Pelo que teñen algúns animais semellante á la.
Especie de peluxe ou lanuxe que se forma en algo.
Materia fibrosa de aspecto semellante ao da la.
Material fibroso obtido a partir das escouras de fundición. Emprégase como illante térmico.
Material inorgánico obtido a partir da mestura de dolerita (60%), rocha calcaria (20%) e carbón (20%), fundida a 1.600?C. É moi inerte e emprégase como substrato.