"inversión"
Amosando 2 resultados de 2.
-
-
Cambio de fase dunha onda en π radiantes.
-
Acción e efecto de inverter ou inverterse.
-
Cambio de sentido da corrente eléctrica.
-
Transformación xeométrica do plano ou do espazo que, dado un punto O, denominado centro de inversión, e un número k, denominado potencia, fai corresponder a cada punto P outro punto P’, de maneira que O, P e P’ son aliñados, e os segmentos OP e OP’ completen a relación OP · OP’= k.
-
-
Operación que afecta á disposición dun intervalo, elevando o son grave unha oitava ou baixando tamén unha oitava o son máis agudo.
-
Disposición dun acorde en que non coincide a nota máis grave coa nota fundamental.
-
-
-
Anomalía que consiste no feito de que un ou máis órganos están no lado contrario ao que ocupan normalmente.
-
Invaxinación do útero de maneira que a parte interna é convertida en externa polo descenso máis ou menos acusado do fondo do útero á cavidade uterina ou vaxinal.
-
-
...
-
-
-
Acción e efecto de investir.
-
-
Colocación de diñeiro nunha operación financeira ou nun proxecto coa intención de obter unha rendibilidade futura.
-
Investimento en accións dunha empresa con fins lucrativos e non de control.
-
Investimento en accións dunha empresa co fin de controlar a súa xestión e dirección.
-
-