"hidráulica"

Amosando 2 resultados de 2.

  • Rama da física e da enxeñaría que estuda o equilibrio e o movemento dos líquidos, principalmente en función das súas aplicacións técnicas, e dos aparatos, as instalacións e os sistemas destinados á súa manipulación mecánica. Os aspectos máis teóricos da hidráulica englóbanse na mecánica de fluídos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á hidráulica.

    2. Relativo ou pertencente á auga embalsada, canalizada ou distribuída por medio de canalizacións.

    3. Que se move ou funciona por medio de auga ou doutro líquido, ou que fai mover ou impulsa auga ou outro líquido.

    4. Aplícase a certos materiais, como o cemento ou o cal, que se endurecen dentro da auga.

    VER O DETALLE DO TERMO