"franco"
Amosando 2 resultados de 2.
-
-
Unidade monetaria de Burundi, Benin, Burkina Faso, Camerún, República Centroafricana, Chad, Comores, Congo, Costa de Marfil, Gabón, Guinea Ecuatorial, Lietchtenstein Madagascar, Mali, Níxer, Rwanda, Senegal, Suíza, Togo, Djibuti e as colonias francesas da Polinesia.
-
-
Unidade monetaria principal de Francia establecida formalmente en 1795 pola Convención Nacional, cunha equivalencia de 5 g de prata, que se empregou tamén como moeda de curso legal en Mónaco e Andorra. Foi substituído polo euro en 2002 e o seu cambio ofi cial co euro fixouse en 6,5595.
-
Moeda francesa de ouro, cuñada por primeira vez en 1360, cun peso arredor de 4 g e o valor dunha libra tornesa.
-
Moeda francesa de prata creada por Enrique III en 1575, cun peso de 12 a 14 g e o valor dunha libra tornesa.
-
alor monetario establecido a finais do s XVIII equivalente a unha libra tornesa, cuxa diminución orixinou o franco francés.
-
Unidade monetaria de Bélxica desde 1832. Foi substituído polo euro en 2002.
-
Unidade monetaria de Luxemburgo. Foi substituído polo euro en 2002.
-
-
-
-
-
Relativo ou pertencente aos francos.
-
Individuo do pobo xermánico dos francos.
-
Pobo xermánico constituído pola agrupación de diversas poboacións do Rin inferior, camavios, brúcteos, ampsivarios, catos e sicambrios, que penetraron dun xeito pacífico e gradual na Galia.
-
-
Aplícase ao nome con que os gregos designaban os croatas e expedicionarios latinos a Grecia e ao Oriente. Tm s.
-
-
Que está exento de cargas ou do pagamento de taxas ou impostos.
-
Porto en que se poden descargar e almacenarse as mercadorías sen pagar impostos e dereitos de aduanas.
-
Área dedicada á actividade industrial ou comercial que se beneficia de certas exencións de impostos e dereitos de aduanas.
-
-
Que non ten obstáculos e permite o paso libremente.
-
...
-