Construción provisional feita con metal ou madeira, que soporta plataformas de traballo para facer accesibles aos obreiros os lugares onde teñen que traballar.
Clase de estada suspendida que pode avanzar apoiándose na parte da obra xa rematada. Utilízase para a construción de viadutos a grande altura do chan ou cando este resulta inaccesible.