"esquimó"
Amosando 2 resultados de 2.
-
-
Relativo ou pertencente aos esquimós ou á súa lingua.
-
Individuo do pobo esquimó.
-
Pobo que habita nas rexións árticas, disperso polos sectores máis setentrionais de América do N e polo O de Groenlandia.
-
Lingua esquimó-aleutiana que comprende o inuit e o iupik.
-
Can de gran talle, caracterizado polo seu pelame denso e bastante longo en todo o corpo, agás no fociño. A súa coloración pode ser branca, negra ou castaña.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao esquimó-aleutiano.
-
Familia lingüística que inclúe o esquimó e o aleutiano, linguas emparentadas entre elas, e que se estenderon pola costa S de Groenlandia, as rexións árticas de Canadá, as rexións do N de Alaska, as illas Aleutianas e ata hai unhas décadas por Siberia.
-