Nun lugar superior respecto a algo, sobre todo cando hai contacto físico entre as cousas. OBS: Tamén se emprega seguido da preposición de formando a locución prepositiva encimade co mesmo significado.
Macromolécula de natureza proteica e elevada especificidade que intervén no metabolismo celular, modificando e acelerando a velocidade das reaccións bioquímicas. Presenta un núcleo activo onde se forma, de xeito temporal, o complexo encima-substrato, que se descompón unha vez rematada a reacción, recuperándose o encima que non experimenta ningunha modificación e liberándose o produto de reacción.