emigración

emigración

lat emigratĭōne

Plural: emigracións
  1. s f

    Desprazamento dun individuo ou dun grupo de persoas dun lugar a outro, de forma temporal ou definitiva, desde o punto de vista do lugar de procedencia do desprazado. A causa principal é a busca dunha mellora na situación socioeconómica e ten como consecuencias, no lugar de orixe dos emigrantes, a diminución da natalidade, coa saída dos individuos máis novos, e un incremento da taxa bruta de mortalidade, debido ao avellentamento.

  2. s f p ext

    Conxunto de persoas que emigraron.

  3. s f p ext

    Situación de quen está emigrado.

  4. s f [ZOOL ]

    Mudanza que certos animais fan do seu hábitat, e que pode ser estacional ou permanente.

Confrontacións

migración

Citas

  • A emigración galega ten moita importancia en Arxentina
  • Ten os seus pais na emigración dende que era moi pequeno

Refráns

  • Cada cal no seu curral.