Partícula elemental estable, que pertence ao grupo dos leptóns, cargada negativamente e que constitúe un dos compoñentes fundamentais do átomo. Os valores admitidos da carga eléctrica e da masa do electrón son e=-1,60219×10 -19 C e m e =9,10957×10 -31 kg.
Nome comercial dunha aliaxe lixeira a base de magnesio, utilizada na industria aeronaútica pola baixa densidade (1,8), pola resistencia á tracción (25 kg/mm 2 ) e polo alongamento de 6-15%.