"dicir"

Amosando 2 resultados de 2.

    1. Expresar algo por medio da linguaxe oral ou escrita.

    2. Transmitir algo por medio de xestos, sinais ou outras manifestacións.

    3. Emitir sons correspondentes a algo.

    4. Comentar ou murmurar de alguén ou de algo.

    5. Nomear ou chamar a alguén dunha determinada maneira.

    6. Celebrar o sacerdote a cerimonia da misa.

    7. Ter unhas calidades determinadas.

    8. Ser ou non adecuado algo ou coincidir ou non unha cousa con outra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Expresión oral máis ou menos fixada polo uso que expresa un concepto.

    2. Composición poética cultivada polos autores do XV, que estaba composta dunha serie de coplas de arte menor ou maior, que rematan nunha estrofa máis breve, ligada pola rima á última copla (finida).

    VER O DETALLE DO TERMO