"décima"

Amosando 2 resultados de 2.

    1. Cada unha das dez partes iguais en que se divide unha unidade.

    2. Estrofa composta por dez versos octosílabos con rima consonante.

    3. Moeda española de cobre que valía a décima parte dun real, cuñada no último terzo do reinado de Isabel II.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ocupa o lugar número dez nunha serie.

    2. Que se corresponde con cada unha das dez partes iguais en que se divide unha todo. Tm s m.

      1. Obriga universal de pagarlle á Igrexa ou ao monarca a décima parte da colleita ou das mercancías que pasaba dun reino a outro.

      2. Imposto universal que gravaban os cristiáns coa décima parte do valor de todos os produtos derivados das súas actividades.

      3. Imposto universal que recaía sobre os froitos ou produtos dos predios, tanto rústicos coma urbanos.

    3. Décima parte dun billete de lotaría.

    VER O DETALLE DO TERMO